Publishing Details
Contact & Outreach
About This Podcast
Explore Statistics
Recent Episodes
Unha bispa e dous santos
Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada bispa pola Association of Roman Catholic Women Priest, un colectivo católicas, apostólicas e romanas que reivindican o papel…
Uber, agresións e Koldo
Legalidade? Que é iso de legalidade? Unhas compañías de transporte comezan a desplegarse na Coruña e Vigo sen os correspondentes permisos dos respectivos concellos. Persoal sanitario e educativo…
S4E28 Madrid pon orde en Ourense
O que non conseguira Xénova (a rúa) cos Baltar, parece que o vai conseguir un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita que apareceron, procedentes de Madrid polo barrio ourensán…
S4E28 Os conselleiros, ai os conselleiros!
Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dimite (entre aplausos!) ao ser notificado que está investigado por agresión sexual. E a Xunta fai un…
As Guerras Médicas e unha recepción impresentable
Volven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán, secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non, que a pretensión do rector da UDC, Ricardo Cao,…
S4E26 Mondariz Balneario, Avión e unha absolución
Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha clásica novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia (700 habitantes) que…
S4E25 Xente que se vai, xente que vén
Ademais de Pepe Mujica (ao que Xosé Manuel Pereiro se empeña en chamar «Mújica«, como Mújica Laínez ou Múgica Herzog, a diferenza de Ana Luísa Bouza e Xosé Hermida) e noutro moi distinto nivel, foise…
S4E24 Eleccións alí arriba e aquí ao lado
A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento. Parolini ou Luis Montenegro?, Cristóbal López ou…
S4E22 O Día dos Transistores (e do Traballo)
Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia persoal Ana Luísa Bouza (na casa), Marta Otero Mayán (na ducha), Xosé Hermida (no Congreso, que había luz) e Xosé…
S4E22 Cónclave no Hórreo
O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. O presidente Alfonso Rueda está…
S4E21 Estilo Galicia, HEY!
Que a toma de posesión de Trump foi un espectáculo televisivo? Pois aquí un evento non menos mundial como o I Ano Triunfal de Rueda non foi para menos. A Xunta tirou a casa pola ventá (a TVG) e fixo…
Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro
Unha empresa que ameaza con irse se non lle dan cariño e 250 millóns de euros, e un empresario que di que pecha ou non, segundo lle dá o aire. Non puidemos escoller mellor ocasión para volver ás súas…
S4E19 Live in Lugo!!!
Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere). Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun…
S4E18 O ano que ruedamos perigosamente
Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns funcionarios…
S4E17 Independencia, salarios e alerta cinexética
Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?,Ángeles Vázquez, non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de…
S4E14 Louzán, as urxencias e a connivencia
Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia administrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o hoxe presidente da…
S4E15 «El palacete, el palacete»!
Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado? (Tan firme que mesmo…
S4E14 Europa, sé forte!
Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero…
S4E13 Socialistas, privatizacións e un senador veloz
Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas consigo mesmo en Santiago.…
S4E12 Manifestación, competencias e a señora Scrooge
Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia Altri, na que entre…
Frequently Asked Questions
A actualidade está sobrevalorada has published 128 episodes since January 2022, covering topics in News.
A actualidade está sobrevalorada is currently dormant with new episodes weekly. Average episode length is 39m.
Sign up on Grep.FM to access contact details for A actualidade está sobrevalorada, including email and social media links.