A Caixa Negra Da Nostromo

A Caixa Negra Da Nostromo

cnegranostromo

Episodes 44
Avg. Duration 2h 7m
Activity Highly Active
Since Feb 2023
Latest Episode May 2026

Publishing Details

Schedule
Monthly
Format
Episodic
Consistency
79%
Hosting
feeds.ivoox.com

Contact & Outreach

About This Podcast

Un podcast de cine realizado por 3 doutores en ciencias fílmicas pola universidade do Emule.

Social Media

Explore Statistics

Recent Episodes

ACNDN 35 - Caciques no cine

May 09, 2026 1h 23m

"Celebramos" a obtención da Alcaldía de Lugo por Elena Candia a través dun movemento "transfuguista" con este episodio sobre caciques no cine. Falaremos de películas coma Yojimbo, La escopeta…

ACNDN 34 - A Radio no cine (Con Dani Maverick)

Apr 08, 2026 2h 34m

Neste episodio homenaxeamos ao medio que podemos considerar pai do podcast: A Radio. Para iso convidamos a Dani Maverick, ex locutor de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, e podcaster en diversos…

ACNDN 33 - A maxia no cine (Desde o Museo da Maxia de Galicia)

Mar 12, 2026 1h 58m

Neste episodio desprazámonos ao Museo da Maxia de Galicia, en Santiago de Compostela (https://museodamaxia.gal) onde Eloy Fernández nos da unha auténtica clase maxistral sobre a maxia escénica. Non…

ACNDN 32 - Sirāt e outras Road Movies

Feb 03, 2026 2h 6m

Volve A Caixa Negra en 2026 falando de Road Movies. E isto que é? Ben, pois esas películas nas que os protagonistas fan unha viaxe por terra na que historia se atopa no camiño e nos lugares polos que…

ACNDN 31 - O Fin de Ano no cine (Feliz 2026!)

Dec 31, 2025 2h 15m

Remata un novo ano na travesía da nosa nave Nostromo e celebrámolo ao grande, vestíndonos como idiotas e bebendo Champín. E xa que estamos, pois falamos de películas nas que o cambio de ano é…

ACNDN 30 - Cine sobre o descubrimento de América

Dec 13, 2025 3h 2m

Hoxe contamos coa axuda de Adrancinho, o noso historiador de cabeceira, para falarmos de cine sobre o descubrimento de América, sobre os pobos precolombinos e, finalmente, do imperio español en…

ACNDN EXTRA - ESPECIAL CINEUROPA 2025 + FESTIVAL DO PODCAST

Dec 02, 2025 22m

Este ano a nosa edición do maratón de Cineeuropa viuse interrumpida por acudirmos ao Primeiro festival de Podcast que se realizou en Neda da man de EMUGA (Asociación de Emisoras Municipais Galegas).…

ACNDN EXTRA - Vampiros

Nov 24, 2025 44m

Por mor da estrea de "Drácula", de Luc Besson, decidimos facer un pequeno extra sobre pelis de Vampiros. Que vale, que o mellor era ter visto a peli e falarmos dela, pero non fixemos os deberes. Que…

ACNDN 29 - Casas ruinosas

Nov 04, 2025 1h 58m

Anda a cousa fodid... eh... fastidiada para isto da vivenda. Como "mal de moitos, consolo de parvos" e nos formamos parte deste colectivo, traemos unha escolma de películas nas que podemos ver xente…

S3E11 ACNDN 3x11 - Películas sobre as vacacións

Aug 13, 2025 1h 44m

Pois xa está ben entrado o verán, pero nunca é tarde para celebrar o período vacacional. Pero ollo, que as vacacións ao final non deixa de ser sair da zona de confort (digo eu, ho) e poden pasar…

S3E10 ACNDN 3x10 - Sagas que foron a pique

Jul 13, 2025 2h 40m

Hai pelis que parecía que prometían unha saga... e ao final deixaron as cousas inacabadas. Ou mal acabadas, como mínimo. Ou o que sexa que fixeron en Alatriste, que mimadriña. Hoxe falaremos delas,…

S3E9 ACNDN 3x09 - A comida e o corpo no cine (coa Dietista Realista)

Jun 05, 2025 3h 18m

Gustanos o que ven ser a papatoria. Como non nos saquen o prato de diante danos a noite. Por iso hoxe contamos coa axuda de Sandra (‪@dietistarealist‬ ) , a nosa dietista de cabeceira. Con ela…

S3E8 ACNDN 3x08 - ESPECIAL O Papa no cine (E outras pelis de cregos e monxas)

Apr 21, 2025 1h 27m

Con motivo do recente pasamento do Papa Francisco I, decidimos darlle un repaso aos exemplos nos que esta figura apareceu no cine: Las Sandalias del Pescador, 2 Papas, Amén... e tamén Euro Trip ou…

S3E7 ACNDN 3X07 - Cinema de Arte e Ensaio

Apr 01, 2025 1h 46m

Hoxe na Caixa Negra da Nostromo toca pórse intelectual. Limpamos as nosas gafas de pasta e quitámoslle o po ás nosas vellas revistas físicas de cine. Consultamos a escrita correcta dos nomes dos…

S3E6 ACNDN 3x06 - A Mafia no cine (Con KinocubeCinema)

Mar 13, 2025 2h 52m

Hoxe na Caixa Negra da Nostromo tocan sombreiros, traxes de raia diplomática, ametralladoras Thomson e negocios moi turbios. Falamos de cine sobre a Mafia. Por suposto, falamos dos dramas criminais…

S3E5 ACNDN 3x05 - Bandas Sonoras (Con Belénfagot)

Feb 13, 2025 2h 40m

As bandas sonoras son unha parte tan intrínseca das películas coma a fotografía ou as interpretacións. Hoxe na Caixa Negra sa Nostromo, rendimos homenaxe aos compositores da música que acompañou ás…

S3 ACNDN EXTRA - Maratón Cineuropa 2024

Jan 29, 2025 14m

Non, o ano non está mal. Este video teria que ter saido en novembro do ano pasado, que foi cando se celebrou a Maratón de cine fantástico e de terror de Cineuropa, o festival de cine de Santiago de…

S3E4 ACNDN 3x04 - ESPECIAL NADAL: Xoguetes no cine

Dec 23, 2024 1h 57m

Chega o Nadal e con él chegan os 3 Reis Magos da Nostromo, cargadiños de xoguetes e de cine. Neste especial falaremos de películas nas que os xoguetes son os protagonistas: Pequeños Guerreros, Toy…

S3E3 ACNDN 3x03 - Cine carcelario: Directo desde O Vello Cárcere de Lugo

Nov 24, 2024 1h 10m

Era cuestión de tempo que acabásemos na cadea. Este especial desde O Vello Cárcere de Lugo trata dese mesmo tema: Películas que transcorren na prisión. As veces de xeito dramático coma La Milla Verde…

S3E2 ACNDN 3x02 - Películas sobre a morte (Con Luz de Tea )

Nov 13, 2024 3h 15m

Morrer évos o máis democrático e igualitario que hai, sacando honrosos casos coma o da neveira de Walt Disney. Hoxe tiramos da nosa tanatopractora de confianza @LuzdeTea (Non é carallada, é…

Frequently Asked Questions

How many episodes does A Caixa Negra Da Nostromo have?

A Caixa Negra Da Nostromo has published 44 episodes since February 2023, covering topics in Film Reviews.

Is A Caixa Negra Da Nostromo still active?

A Caixa Negra Da Nostromo is currently highly active with new episodes monthly. Average episode length is 2h 7m.

How do I contact A Caixa Negra Da Nostromo for sponsorship or guest appearances?

Sign up on Grep.FM to access contact details for A Caixa Negra Da Nostromo, including email and social media links.